Aquí os dejamos información de la oferta para cubrir el puesto de dirección de la escuela y bandas de música de la Agrupación Musical de Vincios a partir del verano de 2018.
OFERTA DE TRABALLO
Na Agrupación Musical de Vincios buscamos unha única persoa para continuar o noso proxecto como escola e banda. As responsabilidades que deberá asumir son as seguintes:
– Dirección da escola de música.
– Clases de linguaxe musical de tódolos cursos.
– Dirección das bandas infantil e xuvenil da escola.
– Dirección da banda Agrupación Musical de Vincios.Para poder optar ao posto, será necesario presentar un proxecto antes do día 7 de maio do presente ano, que abarque tódalas responsabilidades antes citadas e que sexa continuista e coherente coa situación actual da nosa escola e banda. Xunto ao proxecto deberá presentarse un curriculum vitae.
O criterio de admisión fundamentarase na valoración do proxecto e nunha entrevista persoal, nembargantes a directiva da Agrupación resérvase o dereito de modificar o procedemento de selección, podendo deixar o posto deserto. A participación neste proceso supón a aceptación destas bases.
A persoa elixida tomará posesión do seu posto no mes de setembro do presente ano.
Requisitos imprescindibles :
– Compromiso, ilusión e responsabilidade.
– Titulación superior de música (ou estar en posesión del a xullo do presente ano).
– Dispoñibilidade en horario de tarde.Os documentos deberán enviarse por correo electrónico a amdvincios@gmail.com antes
do día 7 de maio do 2018.Para máis información : 680250309 (Rosa).