Logo Vincios

Oferta Trabajo Agrupación Musical de Vincios

Aquí os dejamos información de la oferta para cubrir el puesto de dirección de la escuela y bandas de música de la Agrupación Musical de Vincios a partir del verano de 2018.

OFERTA DE TRABALLO

Na Agrupación Musical de Vincios buscamos unha única persoa para continuar o noso proxecto como escola e banda. As responsabilidades que deberá asumir son as seguintes:

– Dirección da escola de música.
– Clases de linguaxe musical de tódolos cursos.
– Dirección das bandas infantil e xuvenil da escola.
– Dirección da banda Agrupación Musical de Vincios.

Para poder optar ao posto, será necesario presentar un proxecto antes do día 7 de maio do presente ano, que abarque tódalas responsabilidades antes citadas e que sexa continuista e coherente coa situación actual da nosa escola e banda. Xunto ao proxecto deberá presentarse un curriculum vitae.

O criterio de admisión fundamentarase na valoración do proxecto e nunha entrevista persoal, nembargantes a directiva da Agrupación resérvase o dereito de modificar o procedemento de selección, podendo deixar o posto deserto. A participación neste proceso supón a aceptación destas bases.

A persoa elixida tomará posesión do seu posto no mes de setembro do presente ano.

Requisitos imprescindibles :
– Compromiso, ilusión e responsabilidade.
– Titulación superior de música (ou estar en posesión del a xullo do presente ano).
– Dispoñibilidade en horario de tarde.

Os documentos deberán enviarse por correo electrónico a amdvincios@gmail.com antes
do día 7 de maio do 2018.

Para máis información : 680250309 (Rosa).

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies